Club De Salvamento Acuático Laracha

O Club SAL é o club de salvamento deportivo federado da localidade da Laracha. O club foi fundado na Laracha no ano 2002, e conta cunha ampla traxectoria deportiva e unha importante canteira con destacados deportistas e adestradores. A súa historia e evolución fan que este club vicenal sexa considerado un equipo referente en Galicia.

Salvamento Acuático Laracha Club SAL Imaxe de grupo na porta do concello

O Club SAL conseguiu por primeira vez o premio a mellor club nas categorías conxuntas en 2005. E continuou cunha excelente traxectoria ao longo dos anos conseguindo numerosos premios nas diferentes categorías.

No seu palmarés figuran varios trofeos a nivel de autonómico, Copas de Galicia, Ctos. galegos de augas abertas, Ctos. galegos de augas pechadas, campionatos de España, Copas de España, Campionatos de Europa e Copas de Internacionais.

Salvamento Acuático Laracha Club SAL Imaxe de grupo na porta do Concello de Laracha

Algúns dos nosos deportistas foron seleccionados para competir en campionatos de España coa Selección Galega de Salvamento; así como foron convocados para numerosas concentracións coa Selección Española, chegando a competir representando á selección Española.

Salvamento Acuático Laracha Club SAL Marcos Lobelle na selección Galega De Salavamento e Socorrismo

No ano 2019 nosa deportista Noelia Loureiro participou no Campionato de Europa interclubes en Riccione, Italia. Alí, conseguiu subir ao segundo posto do podio, representando o club, en dúas ocasións e nadar catro finais. Ademais, esta deportista, que comezou a nadar nas categorías menores do club, conseguiu ao longo da súa traxectoria récords autonómicos e nacionais.

Salvamento Acuático Laracha Club SAL Noelia Loureiro amosando medallas

Na actualidade o club, dirixido polos técnicos Borja Diez e Noelia Loureiro, loita por obter os mellores resultados respectando os valores deportivos e éticos que sempre caracterizaron ao Club de Salvamento Acuático Laracha, así como axudar ao crecemento do salvamento en Galicia a nivel deportivo.

Salvamento Acuático Laracha Club SAL imaxe de grupo durante o campionato galego de salvemento deportivo en caldas de reis 2022

Respecto

Ensinamos a mostrar pleno respecto co opoñente.

Compromiso

O club ten máximo compromiso para cumprir coas actividades que permitan preparar e desenvolver ao deportista.

Inclusivo

Ningunha discriminación e/ou exclusión dentro do club. Tódolos integrantes teñen dereito a ser respectados e valorados.

Lealdade

Leais cos seus compañeiros, instrutores e club.

Salvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsCarousel imageCarousel imageCarousel imageSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsCarousel imageCarousel imageSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsSalvamento Acuático Laracha Club SAL Carrusel de imaxes dos deportistas en distintos momentos durante competiciónsCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel image