Promover actividades que atraian e reteñan á xuventude da comunidade, ofrecendo formación nun deporte que salva vidas e que é unha profesión con futuro.
Asegurar que as actividades do club sexan inclusivas e accesibles para todos, fomentando a igualdade real e empoderamento das mulleres e nenas. Incluir en actividades e comunicación a persoas maiores e aquelas con discapacidades, utilizando unha linguaxe inclusiva e mantendo unha web clara e accesible, asegurando accesibilidade para todos.
Fomentar a participación comunitaria e o voluntariado, creando un sentido de pertenza e apoio mutuo entre os membros da comunidade, integrando actividades familiares e educativas.
Desenvolver programas educativos sobre a importancia do salvamento, socorrismo e seguridade na auga, dirixidos a todas as idades, promovendo a participacións desde idades temperás.
Capacitar os membros en técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e outros aspectos de axuda en situación de emerxencia, asegurando que estén preparados para actuar en situacións críticas tanto na auga como na terra.
Incluir unha enfermeira voluntaria colexiada que non só mellorará a seguridade e benestar dos membros do club, senon que tamén reforzará os valores de igualdade, solidariedade e compromiso do club.