Ser recoñecidos como un club de vanguardia en salvamento acuático, tanto a nivel autonómico como nacional, promovento a seguridade e o benestar na auga da comunidade mediante a formación e a práctica deportiva.
Poñer en valor os éxitos e dar visibilidade os deportistas e as mulleres e nenas socorristas, os seus logros e as súas competicións.
Ser unha entidade de referencia na prevención de afogamentos e na formación de socorristas, contribuíndo á seguridade acuática en todos os ámbitos.
Integrar prácticas sostibles nas actividades do club, como a xestión responsable dos recursos hídricos e a promoción da conservación dos ecosistemas acuáticos e terrestres.
Apoiar iniciativas de emprendemento local relacionadas co deporte e a seguridade acuática, creando novas oportunidades económicas na rexión.
A integración de mulleres e profesionais voluntarias, contribuíndo a seguridade e o benestar dos participantes, reforzando a visibilidade e o papel das mulleres no club.