Salvamento Deportivo

O salvamento deportivo é un deporte acuático, individual e por equipos institucionalizado, cun regulamento específico que se desenvolve en piscina e en praia coa finalidade de ser o primeiro en chegar á meta, nas diferentes probas que se realizan cos seus materiais específicos. 

AUGAS PECHADAS

En augas pechadas, dispútanse 10 probas que se practican individualmente e por equipos. Neste tipo de evento o material específico que se utiliza son as aletas, o brazo de rescate, o  maniquí de remolque e a corda. A súa finalidade é chegar o primeiro e quen determina o gañador é o tempo de execución da proba. Como noutros deportes, nos que se “loita contra o cronómetro” existe un récord para cada unha das súas probas.

AUGAS ABERTAS

Mentres que en augas abertas, desenvólvense outras 10 probas: 6 individuais e 4 por equipos. O material específico que se utiliza na praia está composto polo esquí, a táboa, as bandeiras ou testemuñas, o tubo de rescate e as aletas. O gañador segue sendo o deportista que executa primeiro a proba correctamente, e vén reflectido polo posto de chegada a meta. Nesta modalidade, ao non ser estable o medio de competición (praia, mar) non existe o récord como marca a bater. Este número tan elevado de probas, nas diferentes disciplinas, fai do salvamento, un deporte moi vistoso e intensamente competitivo.

DEPORTISTAS DO CLUB SAL

Categoría Alevín

Categoría Infantil

Categoría Cadete

Categoría Absoluta

EQUIPO TÉCNICO

Sergio Campos

Pablo Amado